Mitoloxía galega
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden chegar a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados e tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Descrición[editar | editar a fonte]
Os mitos son relatos baseados na tradición e na lenda creados para explicar o universo, a orixe do mundo, os fenómenos naturais e calquera outra cousa para a que non houbera unha explicación simple.
Porén, non todos os mitos teñen por que ter este propósito explicativo. A maioría deles están relacionados cunha forza natural ou cunha deidade, pero moitos son simplemente historias e lendas que se foron transmitindo oralmente de xeración en xeración.
Os seres míticos galegos[editar | editar a fonte]
Os seres míticos galegos son:[1]
Os individuos que pertencen a "razas míticas":
Os entes concretos que personifican algunha calidade ou condición humana:
- Pedro Chosco
- A Morte
- A Estadea
Os entes concretos persoais, como os anteriores, que aparecen nas lendas e nos contos populares, marabillosos ou non, e que quizais sexan supervivencias de cultos antigos:
- A Raíña Lupa
- Ana Manama
- Brancaflor
- María Castaña
- Orcavella
- Pepa a Loba
Os aparentemente humanos, pero dotados de características poderes ou calidades que os achegan ou igualan aos sobrenaturais:
- Baluros
- Bandoleiros
- Corredores
- Lobishomes
- Meigas
- Meigas chuchonas
- Nubeiros
- Sabias
- Vedoiros
Os demos e os anxos. Nesta categoría caberían os santos, moitas veces puramente imaxinarios, detrás dos que transcenden os antigos deuses.
Os personaxes míticos de Galicia:
Os animais,
algunhas veces reais, pero mitificados:
outras veces imaxinarios:
As plantas, reais ou imaxinarias:
Polo primeiro lado,
Polo segundo,
- Flor de Santo André
- Flor do Lirolai
- Herba Cabreira.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Representación alemá do Lobishome, de 1722.
-
Queima de meigas.
-
Escultura do Olláparo, no paseo da praia de Barraña, Boiro.
-
As lavandeiras da noite, cadro do pintor bretón Yan' Dargent.
-
Unha interpretación dun Nubeiro.
-
Graffiti dun Lobishome en Pontevedra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cuba, Reigosa & Miranda 1999, p. 13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cuba, Reigosa, Miranda; ilustracións de Enríquez, Lázaro (1999): Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-363-6.
- Miranda, Reigosa e Cuba (2001): Pequena mitoloxía de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-705-9.
- Antonio Reigosa ed., Noemí López ilustr. (2020): Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9121-646-9.
- Antonio Reigosa e Neira Brochs (2020): Cen historias máxicas pola Mariña encantada. Viveiro: Libros LAR. ISBN 978-84-9493-086-7.
- Antonio Reigosa (2020): Contrahistorias de Galicia. Ferrol: Edicións Embora. ISBN 978-84-1782-427-3.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Galicia encantada (en galego).